Pedagoxía!

puertas abiertas

Como xa sabedes o vindeiro venres día 2 de febreiro celebraremos a I Xornada de Portas Abertas de este curso. Ata ese día imos ir adiantando algúns aspectos relacionados co noso centro. Hoxe toca o turno á pedagoxía.

No Seminario Menor de Lugo entendemos que o proceso de ensino-aprendizaxe debe estar baseado, como eixo fundamental, no ensino personalizado que no noso caso é facilitado polo reducido número de alumnos por aula.

Ademáis dito proceso persegue cumprir os seguintes requisitos:

Partir do nivel de desenvolvemento do alumnado e das súas aprendizaxes previas.

Asegurar a construción de aprendizaxes significativas a través da mobilización dos seus coñecementos previos e da memorización comprensiva.

Posibilitar que os alumnos realicen aprendizaxes significativas por si mesmos.

Favorecer situacións nas que os alumnos deban actualizar os seus coñecementos.

Proporcionar situacións de aprendizaxe que teñan sentido para os alumnos co fin de que resulten motivadoras.

En coherencia co exposto, os principios que orientan a nosa práctica educativa son os seguintes:

Metodoloxía activa.

Motivación.

Avaliación do proceso educativo.

Trátase dunha metodoloxía substancialmente activa, fundamentada na adquisición de novos coñecementos e da posta en práctica de ditos coñecementos por parte do alumno.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s