1ª Xornada de portas abertas

O domingo 15 de marzo, a partir das 18,30h, o Seminario Menor Diocesano celebra a 1ª Xornada de portas abertas deste curso. Está dirixida ás familias e aos rapaces interesados no coñecemento do Seminario Menor, así como a calquera outra persoa desexosa de achegarse a esta realidade diocesana. Será un momento para dar a coñecer a proposta educativa, as instalacións, o funcionamento ordinario da vida académica e comunitaria, algunhas das actividades e proxectos que se realizan ao longo do curso…

A Xornada comezará cun saúdo e presentación na Aula Magna (acceso dende o vestíbulo principal) e logo unha visita ás instalacións do Seminario Menor, con algunhas paradas en sitios puntuais para a explicación dalgunhas das actividades e dos ritmos de funcionamiento do Centro. A asistencia é libre, e non é necesario confirmala previamente. Rematará a Xornada en torno ás 20 h, de xeito que a duración non se estenda máis de hora e media aproximadamente.

Con esta 1ª Xornada de Portas Abertas o Seminario quere achegarse ás familias que están  pensando no Centro de ensino para os seus fillos no próximo curso ou máis adiante no tempo, permitindo un coñecemento de primeira man do lugar e do proxecto educativo. Vémonos!

 

Jornada de-3

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s